Elgato estrea webcam

venres, 16 de xullo do 2021 Marcus Fernández

Elgato continúa a ampliar o seu catálogo de produtos destinados a creadores de contidos, e pon á venda a nova Facecam, unha webcam que por 199,99 euros promete vídeo a 1080p e 60 imaxes por segundo de grande calidade grazas ao uso dunha óptica profesional (conta cun obxectivo de cristal de 8 elementos con apertura f/2.4 e distancia focal de 24 milímetros) e dun sensor CMOS Sony STARVIS.
Esta cámara conéctase ao noso equipo por USB 3.0 transferindo o vídeo sen compresión coa mínima latencia, pode suxeitarse de xeito doado no monitor ou tamén conta cunha rosca estándar para trípodes e outros soportes, de xeito que ten un montaxe doado e versátil.
Inclúe software que facilitaa realización de axustes que poden gardarse directamente na memoria da cámara, de xeito que recupéranse ao instante ao abrir a cámara dende calquera aplicación de vídeo tanto en PC como en Mac.
Un produto moi interesante para os que queren producir contidos de vídeo para a Internet e buscan un salto de calidade que normalmente non ofrecen as webcams integradas nos equipos nin as cámaras máis económicas.

JPEG - 195.3 KB
Elgato comercializa distintos produtos para facilitar a produción doméstica de vídeo de calidade

Vídeo promocional da Elgato Facecam

PUBLICIDADE