Elgato lanza o seu panel de control máis completo e versátil
martes, 15 de novembro do 2022
Hai preto de dous anos, como alternativa aos distintos
modelos de Stream Deck, chegaba Loupedeck Live, un controlador
para streaming que destacaba por incluÃr 6 diais analóxicos que resultarÃan
especialmente prácticos para funcións como o control de niveis de volume, e que
o pasado verán relanzouse como Razer
Stream Controller.
Dende Elgato deberon de mirar con preocupación tal dispositivo (que incluso
conta cunha versión
máis económica financiada mediante micromecenado) e lanzan agora o Stream Deck+, un
controlador moi versátil, que pode mercarse por 229,99 euros.
O novo controlador presenta 8 botóns personalizables na liña de anteriores
produtos da súa familia, pero inclúe tamén 4 diais que poden empregarse para
controlar o volume (ou incluso para facer axustes de cor nunha aplicación de
edición de vÃdeo) e unha pequena pantalla táctil alargada, que presenta
información, pode manexarse con toques e incluso permite que nos deslicemos
entre distintas páxinas cun xesto.
Como todos os paneis de control de Elgato, conta con software que permite tirar
un grande proveito de numerosas aplicacións, como poden ser as tÃpicas ferramentas
para a retransmisión de vÃdeo a través da Rede ou a gravación de podcasts,
aÃnda que para moitos resultará especialmente atractivo o feito de que poida
aproveitarse para manexar os parámetros de cor con precisión en DaVinci
Resolve.
Sobra dicir que o control do son é o punto forte deste dispositivo, pero que
poidan aproveitarse con outras aplicacións para un axuste preciso de parámetros
é un punto moi ao seu favor de cara a que os usuarios xustifiquen a compra dun
accesorio cun prezo tan elevado.
- Os paneis de control de Elgato son moi populares entre os streamers