Elgato reduce a súa sintonizadora de TDT para adaptala ao Macbook Air

mércores, 9 de xullo do 2008 Marcus Fernández

Cando se lanzou o portátil Macbook Air de Apple o que máis se criticou do equipo foi (aparte do seu prezo) que só contaba cun porto USB que incluso impedía a conexión dalgúns trebellos pola súa colocación, e pensando niso dende Elgato reduciron un dos seus sintonizadores de televisión dixital por USB para adaptalo ao portátil máis fino de Apple.
A EyeTV DTT Deluxe pode funcionar tanto conectada á antena doméstica como mediante unha pequena antena telescópica (que só funcionaría en lugares con moi boa cobertura de TDT) e o seu prezo de venda é de 79,95 euros.
Esta tarxeta sintonizadora funciona na meirande parte dos equipos de Apple do mercado, partindo dende os que contan con procesador PowerPC G4, aínda que precisa de 512 Mb de RAM e unha versión do Mac OS X igual ou superior á 10.4. Para o acceso a canles de alta definición as esixencias para o sistema son máis elevadas, e o procesador mínimo sería un Intel Core 2 Duo.

PUBLICIDADE