Elon Musk afástase da administración Trump
xoves, 29 de maio do 2025
- Elon Musk chegou a utilizar ao presidente Trump para promocionar os vehÃculos de Tesla, conseguindo o efecto contrario ao esperado
Elon Musk puxo fin á súa etapa como empregado especial do goberno dos Estados Unidos e deixará tamén a dirección do Departamento de Eficiencia Gubernamental (DOGE), segundo anunciou nas últimas horas a través de X. A decisión marca o final dunha etapa controvertida na que o organismo impulsou unha reestruturación radical do gasto público. Un alto funcionario da Casa Branca confirmou a marcha de Musk.
O empresario, pola súa banda, agradeceu ao presidente Donald Trump «a oportunidade de reducir o gasto innecesario» e mostrouse convencido de que «a misión do DOGE só se fortalecerá no tempo ata converterse nun modo de vida en todo o goberno».
O DOGE, impulsado baixo a súa dirección, executou recortes severos que afectaron a axencias como USAID, emisoras públicas, parques nacionais e o Departamento de Educación. A súa actividade provocou milleiros de despedimentos, a eliminación de departamentos enteiros e unha vaga de litixios.
A saÃda de Musk tamén coincide cun deterioro nas relacións coa administración Trump e cunha caÃda nas vendas de Tesla, empresa que se viu prexudicada pola exposición polÃtica do seu fundador e o seu aliñamento co presidente republicano.
- A complicidade entre Trump e Musk foi tal que ata se fixo viral a imaxe do presidente paseando co fillo do propietario de X