Elon Musk poderÃa bloquear X/Twitter en Europa para non ter que cumprir a lei
xoves, 19 de outubro do 2023
Ante a
proliferación de contidos violentos e enganosos en X por mor do conflito armado
en Israel e Gaza, o comisario Thierry
Breton escribiu unha carta a Elon Musk pedÃndolle que cumprise coa lexislación
europea, ao que seguiu unha solicitude
formal da Comisión Europea a X, que a directora xeral da compañÃa, Linda
Yaccarino, respondeu de xeito educado pero moi pouco satisfactorio, dando a
impresión de que é inevitable a apertura dunha investigación oficial que remate
en sancións económicas que poderÃan chegar até o 6% dos ingresos globais da
compañÃa en virtude da Lei de Servizos Dixitais que teñen que cumprir as
grandes compañÃas da Internet.
Dende Business Insider aseguran que nas últimas semanas Elon
Musk suxeriu que poderÃa facer que X/Twitter deixase de ser accesible dende Europa
para evitar asà ter que someterse á Lei de Servizos Dixitais, o que claramente
resultarÃalle máis doado que mellorar a seguridade da plataforma, que dende que
Musk é o dono de Twitter vai de mal en peor (xa que Musk despediu á meirande
parte do persoal de Twitter encargado da moderación e o cumprimento de obrigas
legais).
Cómpre lembrar que Threads (de Meta) aÃnda non está dispoñible en Europa por
mor da lexislación de protección de datos, e numerosos medios de comunicación
estadounidenses fan o mesmo (bloquean o acceso aos usuarios europeos xa que non
lles compensa establecer as medidas necesarias para cumprir a lexislación
europea).