empresas
Presenza TIC nas vinte empresas excelentes dos indicadores Ardán
O Consorcio da Zona Franca de Vigo distinguiu onte o espírito innovador, a excelencia e as contribucións económicas e sociais de vinte empresas da nosa terra. Todas elas foron incluídas entre as 1.900 firmas galegas que recibiron este ano algún dos indicadores dos nove que outorga o servizo de información empresarial do Consorcio, o servizo Ardán. As vinte (...)
Ler máisOs segredos do modelado de datos avanzado, ao detalle nun novo curso de Vitae
Os datos son un dos principais activos de calquera organización empresarial, sempre e cando teñamos os recursos precisos para xestionalos, mostralos, compartilos, ordenalos, protexelos, facelos flexíbeis e poñelos en valor. Con esta serie de factores, cuxa meta é un eficaz e eficiente comportamento da información, teremos unha base firme para que a nosa (...)
Ler máisA plataforma galega Fenix celebra o seu primeiro aniversario
Fenix, o revolucionario software galego para a xestión clínica, está de aniversario. De feito, xa pasou un ano dende que a firma SIVSA, responsábel do seu desenvolvemento, decidiu poñelo no mercado co obxectivo de optimizar o traballo dos profesionais médicos e das clínicas de dimensión media e pequena. “Ao longo destes primeiros doce meses de actividade”, (...)
Ler máisVitae organiza online a décima edición do seu curso sobre a biblioteca ITIL
Quen queira adicarse ao desenvolvemento de proxectos tecnolóxicos avanzados ten que ter sempre presente algo máis que o factor formación, un factor por outra banda fundamental. Seranlle precisos mecanismos e metodoloxías axeitadas que garantan as mellores prácticas de traballo, axudando a facer compatíbel a creatividade coas pautas preestablecidas. Nisto ten (...)
Ler máisVitae prepáranos en decembro para obter a prestixiosa acreditación PMP
Fóra dos ámbitos profesionais TIC, as siglas PMP non son aínda grandes coñecidas, pero no sector de proxectos dixitais a súa presenza é constante e presentan unha serie de retos relevantes para o colectivo desenvolvedor: van directamente relacionadas coa procura de novos e mellores xeitos de traballar. Para quen non o saiba, son as siglas de Project (...)
Ler máisCONGALSA envórcase coa hostalería implantando un servizo gratuíto de dixitalización de cartas e códigos QR
A empresa pobrense CONGASA, referente galego e estatal en produtos de alimentación conxelados e ultraconxelados, vén de pór a disposición do sector hostaleiro co que colabora un servizo de balde para a dixitalización de cartas. O servizo, que se materializa a través da marca Ibercook Food Service, tamén achega aos hostaleiros a posibilidade de xerar códigos QR (...)
Ler máisAIMEN desenvolve alta tecnoloxía para a fabricación automatizada de dispositivos electrónicos
AIMEN Centro Tecnolóxico, con sede no Porriño e centrado no desenvolvemento de materiais e tecnoloxías de fabricación avanzadas, vén de entrar no último ano do proxecto FLOIM, unha nova iniciativa a través da cal colleron corpo destacadas innovacións para a fabricación automatizada de compoñentes optoelectrónicos (que combinan a óptica e a electrónica), nun só (...)
Ler máisEGATEL equipa a rega agrícola dos máis avanzados sistemas de xestión e telecontrol
A empresa galega EGATEL, referente no desenvolvemento e fabricación de sistemas de transmisión de sinal TV e comunicacións vía satélite, é a firme líder un proxecto que facilita, optimiza, impulsa e rendibiliza os labores de rega agrícola. Estamos a falar do proxecto IOT@AS (Internet of Things & AgroSpaces), unha iniciativa para dar forma a unha innovadora (...)
Ler máisAbanca incorpora a identificación mediante pegada dixital á súa aplicación móbil
Abanca vén de lanzar unha nova versión da súa banca móbil que permite aos seus clientes acceder identificándose coa súa pegada dactilar, de xeito que sería a primeira entidade bancaria estatal en ofrecer este servizo aos usuarios con móbiles con sistema operativo Android 6.0 ou superior, xa que esta funcionalidade estaba dispoñible ata agora unicamente para (...)
Ler máisR conseguiu xuntar 450 empresas na edición máis virtual das súas Xornadas Tecnolóxicas
Até 450 empresas de todo o ámbito estatal seguiron finalmente nas Xornadas Tecnolóxicas R, organizadas pola operadora galega e centradas na Intelixencia Artificial. Os encontros desenvolvéronse nun edificio virtual con espazos para conferencias, exposicións e networking, coas empresas participantes conectándose a través dunha plataforma e pudendo participar (...)
Ler máis0 | ... | 80 | 90 | 100 | 110 | 120 | 130 | 140 | 150 | 160 | ... | 650