empresas
Mestrelab expande o seu negocio e abre oficina en Nova Deli
A empresa galega Mestrelab Research, firma compostelá centrada en software científico e análise avanzada de datos, vén de anunciar a apertura dunha nova oficina en Nova Deli (India). As dependencias da compañía no xigante asiático, referente mundial no ámbito tecnolóxico, forma parte do plan estratéxico de expansión internacional de Mestrelab. En palabras de (...)
Ler máisVitae móstranos as múltiples vantaxes empresariais de Microsoft 365
A consultora Vitae vai organizar en formato de aula virtual unha actividade formativa moi indicada para as empresas que estean transformando e optimizando a xestión da información, co obxectivo de que gañe en axilidade, eficiencia, operatividade, eficacia e rendibilidade. O curso Implementación e Administración de Microsoft 365 na empresa vaise celebrar este (...)
Ler máisSeresco enxalza na presentación de Nubia a importancia da transformación das empresas
Seresco, firma tecnolóxica galega con sede en Vigo, presentou este xoves 12 a súa revolucionaria plataforma de xestión empresarial na sede AEMOS (Asociación de Empresarios de Mos), a plataforma Nubia, unha ferramenta que, segundo fixo saber a compañía viguesa, “permite mellorar até nun 10,5% a produtividade dos negocios”, amais de optimizar e facer máis (...)
Ler máisTelevés superou os 23 millóns de euros de investimento na súa evolución cara á Industria 4.0
Este mércores 28 de xullo celebrouse nas instalacións de Televés Corporación, en Santiago de Compostela, o acto público final de presentación de resultados e peche do proxecto Corp4Future. A cita contou coa presenza da directora da Axencia Galega de Innovación (GAIN), Patricia Argerey, que tivo oportunidade de ver in situ a materialización tecnolóxica e (...)
Ler máisVitae achéganos a cuarta edición do seu curso sobre desenvolvemento seguro ante ciberataques
A ciberseguridade será, cada vez máis, un tema do que escoitaremos falar e que teremos que moi en conta para realizar o noso traballo. É máis: a especialización en protección de sistemas, tecnoloxías e información será un bo xeito de converternos en bos profesionais e de incrementar a nosa empregabilidade e a nosa excelencia profesional. Con todo, estamos a (...)
Ler máisVodafone levará a súa rede 5G a 81 concellos galegos antes de que remate o ano
No marco do MWC22, Vodafone España vén de anunciar que vai ampliar a cobertura de “5G real” ao 46% da poboación, alcanzando preto de 1.000 municipios, a finais deste ano. Destes case 1.000 municipios (entre os que se atopa un bo feixe de concellos galegos: 81), 133 son poboacións de máis de 50.000 habitantes, 605 poboacións entre 1.000 e 50.000 e 245 son (...)
Ler máisBalidea aposta por tecnoloxías da fala en galego
Con motivo da celebración das Letras Galegas a empresa compostelá Balidea fixo un pequeno balance da súa actividade recente pola promoción da nosa lingua a nivel tecnolóxico, unha liña de acción que se materializa no desenvolvemento de tecnoloxías que permiten interactuar co mundo dixital en galego. Este é o alicerce do traballo desenvolvido por Andrés Piñeiro (...)
Ler máisJosé Suárez de la Puente, novo director de Vodafone para a zona norte
Vodafone España vén de designar ao enxeñeiro de Telecomunicacións pola Universidade de Vigo, Jose Suárez da Puente, como novo director territorial da zona norte, ámbito que inclúe as comunidades autónomas de Galicia, Castela e León, Asturias, País Vasco, Cantabria, Navarra e A (...)
Ler máisA viguesa Boardfy pecha unha rolda de financiamento de 230.000 euros
A plataforma de monitorización de prezos en liña Boardfy vén de pechar a súa primeira rolda de financiamento por un importe de 230.000 euros, operación liderada polo Banco Sabadell a través de BStartup10 á que tamén acudiron investidores como Jaime Ferré e o galego Carlos Blanco (quen xa exercera como business angel na creación da compañía), membros de ESADE BAN (...)
Ler máisVitae e Javier Garzás brindan en xuño a quinta edición do curso de product owner e axilidade avanzada
Vitae Consultores achéganos esta primavera-verán unha nova ración de actividades formativas para subirmos chanzos na escaleira da excelencia profesional: formación para ser mellores profesionais, compañeiros e líderes e, tamén, para gañar en eficiencia, eficacia, comunicación, flexibilidade, creatividade e capacidade de resposta. Ao abeiro destes obxectivos, (...)
Ler máis0 | ... | 90 | 100 | 110 | 120 | 130 | 140 | 150 | 160 | 170 | ... | 700