empresas
AIG lanza unha plataforma intelixente para crearmos tendas en liña e xestionalas en tempo real
A empresa de software galega AIG, Asesoría Informática Galega, vén de lanzar un novo produto que nos permite darlle forma a unha tenda en liña e xestionala en tempo real dende un programa específico de xestión. O produto novo chámase ClassicAir 6 e o programa para a xestión non é outro que ClassicGes 6. Ámbalas tecnoloxías veñen da man da empresa galega, quen (...)
Ler máisCONGALSA envórcase coa hostalería implantando un servizo gratuíto de dixitalización de cartas e códigos QR
A empresa pobrense CONGASA, referente galego e estatal en produtos de alimentación conxelados e ultraconxelados, vén de pór a disposición do sector hostaleiro co que colabora un servizo de balde para a dixitalización de cartas. O servizo, que se materializa a través da marca Ibercook Food Service, tamén achega aos hostaleiros a posibilidade de xerar códigos QR (...)
Ler máisTodo o que precisamos saber de Nest, nun curso de Vitae en marzo
En marzo prosegue a tope a actividade formativa da firma galega Vitae Consultores. Entre os cursos programados figura un curso que é un complemento perfecto á nosa capacitación na creación avanzada de aplicacións informáticas. Estamos a falar do curso Nest, desenvolvemento de servizos Node a escala empresarial. Serán 18 horas de contidos, a impartir en formato (...)
Ler máisHPE presenta un programa formativo en Big Data
A directora da AMTEGA, Mar Pereira, participou hoxe na presentación do Programa Formativo en Big Data que Hewlett Packard Enterprise (HPE) ofrece desde o seu novo Centro de Excelencia en Intelixencia de Negocio (CEIN) do Gaiás, destacando a importancia da especialización dos profesionais TIC para poder cubrir a demanda de novos perfís dixitais que reclaman (...)
Ler máisInditex permitirá pagar co móbil nas súas tendas a partires de setembro
Durante a súa intervención ante a Xunta de Accionistas de Inditex, Pablo Isla, presidente da compañía, anunciou o lanzamento do pagamento co móbil en todas as tendas do grupo en España (Zara, Pull&Bear, Massimo Dutti, Bershka, Stradivarius, Oysho, Zara Home e Uterqüe) a partires de setembro, tanto a través das súas respectivas aplicacións móbiles como (...)
Ler máisAs metodoloxías que nos axudan a ser máis eficaces centran un novo curso de Vitae sobre PMI
Para a circunstancia de que se volva a unha relativa normalidade logo da situación de alarma derivada do COVID-19, unha boa fórmula de readaptación semella ser a fórmula do adestramento e a capacitación profesional. Neste senso, Vitae Consultores ten programados cursos de gran utilidade, como por exemplo o Curso Dirección e Xestión de Proxectos baixo a (...)
Ler máisBalidea achegará solucións de seguridade de aplicacións da prestixiosa compañía Checkmarx
Balidea, compañía galega especializada en desenvolvemento de software e ciberseguridade, vén de selar unha alianza coa empresa israelí Checkmarx, para a venda de solucións de protección tecnolóxica destinadas á análise da exposición de aplicacións e servizos TIC. Segundo informa Balidea, a distribución das ditas solucións levarase a cabo na área xeográfica de (...)
Ler máisVitae achéganos a segunda edición do seu curso sobre Power BI
A consultora galega Vitae prosegue coa súa formación avanzada para profesionais da innovación cun completo menú de contidos anti-crise e anti-COVID. Nesta súa axenda de cursos virtuais (unha axenda adaptada plenamente ás posibilidades que nos ofrecen as novas ferramentas) inclúese para os días vindeiros a segunda edición do curso Power BI: Visualización e Data (...)
Ler máisTraffic On Cloud de Balidea, seleccionada por Innowwide entre 600 proxectos de 43 países
Traffic On Cloud, a ferramenta desenvolvida pola empresa galega Balidea para optimizar a mobilidade, foi seleccionada entre 600 candidatos de 43 países na segunda convocatoria de Innowwide, que avalía a viabilidade de solucións empresariais innovadoras nos mercados de todo o mundo. A través do proxecto que levará a cabo en Panamá, coa colaboración do socio (...)
Ler máisVitae convértenos en expertos en probas de aplicacións botando man de Cypress
Vitae Consultores, a través da súa aula virtual, ofrece este verán acabado de chegar (os días 6, 8, 13 e 15 de xullo) o Curso Testing e2e avanzado con Cypress, de doce horas de formación. Trátase dunha actividade formativa que nos pon ao alcance da man importantes mecanismos para axilizar as nosas tarefas de desenvolvemento (...)
Ler máis0 | ... | 430 | 440 | 450 | 460 | 470 | 480 | 490 | 500 | 510 | ... | 600