empresas
Altia e a Zona Franca de Vigo invisten en Docuten
A Zona Franca de Vigo, a través de Vigo Activo Sociedade de Capital Risco, e Altia investiron 1,2 millóns de euros (600.000 euros cada unha) en Docuten Tech, empresa que dixitaliza de forma completa as empresas, con axuda da sinatura dixital e a emisión e recepción de factura (...)
Ler máisMeigaSoft mostrará as novidades do seu sistema de xestión Velfix ante medio cento de empresas
Este 15 de febreiro vaise celebrar no Hotel Porta do Camiño de Santiago unha nova xornada empresarial para dar conta das novidades de Velfix.es, o novo produto de MeigaSoft, firma tecnolóxica emprazada no Polígono de Milladoiro (Ames) e que centra boa parte da súa actividade no desenvolvemento de programas avanzados de xestión, sistemas de puntos de venda, (...)
Ler máisA secretaria de Estado de Universidades e I+D+i visita a sede de Optare en Vigo
A sede en Vigo da compañía Optare Solutions, referente en integración de sistemas en operadores de telecomunicacións, recibiu hoxe a visita da secretaria de Estado de Universidades, Investigación, Desenvolvemento e Innovación, Ángeles Heras Caballero. A estadía da titular de I+D+i no Goberno central veu acompañada do delegado da Zona Franca de Vigo, David (...)
Ler máisAltia impulsa a transformación tecnolóxica do Ministerio de Agricultura e Pesca
O Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (MAPA) adxudicou á empresa galega Altia o proxecto para desenvolver os seus sistemas informáticos, impulsando a súa transformación dixital co mantemento das tecnoloxías Java e .NET e facendo evolucionar a súa arquitectura tecnolóxica. Búscase “deseñar, desenvolver e implementar novos sistemas”, así como para crear (...)
Ler máisA tecnoloxía galega Coinscrap estará a disposición dos clientes de EVO Banco
Os responsábeis da tecnoloxía galega Coinscrap, aplicación que nos permite redondear as nosas compras con cartón de crédito ou débito pasando a diferenza entre a compra e o redondeo a unha conta de aforro, veñen de pechar un acordo con EVO Banco para ofrecer aos clientes desta entidade as vantaxes da ferramenta en materia de aforros, aplicábel non só ás (...)
Ler máisBBVA recoñece a OpSeeker como a mellor startup da nosa terra no ámbito fintech
A novena edición do BBVA Open Talent, o certame da entidade financeira que se dirixe a atopar as máis puxantes iniciativas empresariais do ámbito fintech (ou sexa, do ámbito de aqueles servizos financeiros que se serven das novas tecnoloxías para facilitar o día a día do cliente), vén de premiar a OpSeeker como a mellor startup do sector en Galicia, nunha (...)
Ler máisSitum obtén o selo de PEME innovadora
A empresa galega Situm vén de obter importantes recoñecementos ao seu labor. Para comezar, foi quen de entrar no Rexistro de PEME Innovadora elaborado e mantido polo Ministerio de Economía como unha listaxe de referencia das firmas estatais con meirande máis probada capacidade para achegar recursos e servizos avanzados e que contribúan, en última instancia, (...)
Ler máisTelevés crea filial escandinava
A corporación galega Televés, centrada en servizos de telecomunicacións, vén de anunciar que inaugura a súa filial internacional número once. Estamos a falar de Televés Escandinavia, que nace coa vontade de aumentar a presenza da marca nos mercados escandinavos de Dinamarca, Suecia e Noruega, amais do resto de países nórdicos (Finlandia, Islandia e Grenlandia). (...)
Ler máisBalidea participa no proxecto para converter España nun hub europeo do vehículo eléctrico
Os socios de Future: Fast Forward, liderada polo Grupo Volkswagen e SEAT, e entre os que se atopa a tecnolóxica galega Balidea, rexistraron o proxecto ao PERTE para o Vehículo Eléctrico e Conectado (VEC) co obxectivo “converter a España nun hub do vehículo eléctrico en Europa”. Formado por un total de 62 empresas nacionais, internacionais e referentes de (...)
Ler máisAs fórmulas para garantir a axilidade e a eficacia, ao detalle nun novo curso de Vitae
Dixitalizar unha empresa e apostar por métodos eficaces de traballo é garantir a súa supervivencia e a súa competitividade? Non exactamente, aínda que está claro que axuda. Dende logo, quen non teña clara a necesidade de implantar rutinas áxiles laborais, pechará a porta do crecemento e da rendibilidade. Acabáronse os tempos de xerar produtos e servizos e (...)
Ler máis0 | ... | 440 | 450 | 460 | 470 | 480 | 490 | 500 | 510 | 520 | ... | 700