empresas
Situm revoluciona a xestión das empresas de seguridade coa súa solución MRM
A empresa galega Situm, responsábel do innovador sistema do mesmo nome para a localización e navegación en espazos interiores, segue a dar pasos de xigante en tecnoloxías que nos permitan coñecer até o máis mínimo detalle a disposición dos elementos dun edificio e o seu emprazamento exacto, poñendo o foco, por suposto, na protección das persoas que están no (...)
Ler máisSweno será o operador virtual de móbil e fibra de El Corte Inglés
O Grupo MasMóvil e El Corte Inglés asinaron un acordo estratéxico para lanzar un operador virtual de móbil e fibra. A comercialización de servizos de telecomunicacións converxentes realizarase a través de Sweno, a marca propia de El Corte Inglés.
Ler máisVodafone e Deloitte acelerarán a dixitalización da sanidade en Europa
Vodafone vén de anunciar unha alianza estratéxica con Deloitte en materia de eSaúde. O acordo diríxese a favorecer a adopción de servizos sanitarios conectados co lanzamento do Centro para a Saúde de Vodafone, un centro virtual especializado que combinará as solucións de conectividade eHealth da operadora coa experiencia en consultoría sanitaria de Deloitte. O (...)
Ler máisOrange fai balance dos seus 20 anos en Galicia
Hoxe a Sala Eisenman na Cidade da Cultura serviu de escenario para a presentación do Informe Impacto de 20 anos de liberalización das telecomunicacións en España 1998-2018. 20 aniversario de Orange. Impacto en Galicia, no que o operador de telecomunicacións confirmou a súa aposta por Galicia na extensión das novas redes (...)
Ler máisR achegará a súa visión sobre a transformación das empresas en GaliciaTIC
A operadora galega R, unha das patrocinadoras do evento GaliciaTIC, participa este xoves no histórico foro galego de novas tecnoloxías que comeza este mércores 14 de outubro, segundo lembra a compañía de telecomunicacións “unha cita obrigada para as empresas tecnolóxicas” e na que, máis ca nunca, poderemos coñecer recursos e ideas para “remontar a crise (...)
Ler máisA consultora tecnolóxica Improving Metrics celebra dez anos de andaina
A consultora tecnolóxica coruñesa Improving Metrics está estes días de celebración: conmemora unha década de andaina no mercado, unha experiencia de dez anos “dando servizo a clientes de talla internacional e axudando ás empresas dos máis variados sectores nos seus procesos de dixitalización e de integración de ferramentas de análise e xestión intelixente”. (...)
Ler máisCinfo impulsa a transformación dixital das instalacións deportivas municipais da Coruña
O Concello da Coruña e a empresa local Cinfo, con sede no CITIC, formalizaron un acordo para impulsar a transformación dixital das instalacións deportivas municipais. Así o informaron a edil de Deportes, Mónica Martínez, e máis Antonio Rodríguez del Corral, director executivo (CEO) da dita empresa de sistemas intelixentes de seguimento. O obxectivo é transmitir (...)
Ler máisRedegal é xa a principal axencia dixital en México
Redegal, axencia galega de mercadotecnia dixital e servizos de comercio electrónico, vén de facer reconto dos éxitos e recoñecementos obtidos ao longo de 2015, aos que cómpre sumar (este ano) a distinción nos premios eAwards México 2016, da que falamos en Código Cero hai precisamente unhas semanas. Segundo nos lembra a firma galega, en 2015 non só foi premiada (...)
Ler máisVitae brinda a novena edición do seu curso para mellorar comunicacións e presentacións
Se os datos son relevantes de por si, un dos principais activos das empresas, tamén o é o xeito que asumimos para xestionalos, presentalos e subministralos a compañeiros, colaboradores ou clientes. Das metodoloxías empregadas para dar forma, contexto e envoltorio á información depende as máis das veces o éxito dun proxecto. Estes recursos, que comezaron a (...)
Ler máisVitae introdúcenos na metodoloxía TDD para conseguir aplicacións máis fiábeis e menos custosas
No ámbito do desenvolvemento tecnolóxico, recursos para garantir os mellores resultados nos nosos proxectos (resultados que garantan a eficiencia, a durabilidade, a rendibilidade e a utilidade), hai moitos e variados, pero se cadra entre os máis sobranceiros atópanse os TDD (Test-Driven Development), siglas que aluden ao ámbito do desenvolvemento guiado por (...)
Ler máis0 | ... | 510 | 520 | 530 | 540 | 550 | 560 | 570 | 580 | 590 | ... | 660