En Bueu, R pon a súa rede a disposición de 800 novos fogares e empresas

martes, 13 de abril do 2021 S. P.

A operadora R incrementou a cifra de fogares e empresas de Bueu que contan con acceso á súa rede de fibra óptica. Esta está presente xa nos núcleos de Cabalo, Chan de Piñeiro, Costa de Figueirón, Praia de Beluso, A Roza, Sar e Vilar, que xa dispoñen de accesos ultrarrápidos a Internet de ata 500 Mbps simétricos (suba e baixada) e poden desfrutar doutros servizos avanzados de telecomunicacións de (por exemplo a televisión dixital multicanle). Trátase, en concreto, de 330 novos fogares e negocios, que se suman ás 470 unidades inmobiliarias dotadas hai uns meses coa tecnoloxía FTTH da operadora galega (ao abeiro do Plan Avanza).
En total, estamos a falar de 800 inmóbeis acabados de conectar, que unha vez completado o exercicio de 2021, converteranse en 1.300 novas residencias e empresas con acceso ás redes de nova xeración do operador galego.
A maiores, R leva anos investindo no despregamento de infraestruturas en Bueu, onde a día de hoxe xa dispoñen de cobertura das súas redes avanzadas outros 3.009 fogares e empresas do municipio.
O fornecemento destas redes está subvencionado polos Fondos FEDER da Unión Europea a través do Programa de Extensión de la Banda Ancha de Nueva Generación (PEBA-Plan Avanza) do Ministerio de Asuntos Económicos y Transformación Digital.

PUBLICIDADE