En Padrón, o Concello achega en setembro tres cursos para impulsar a dixitalización do tecido emprendedor

mércores, 6 de agosto do 2025 S. P.

O Concello de Padrón quere avanzar na súa aposta polo tecido emprendedor local, achegando para o remate do verán formación específica para incrementar a súa competitividade, a súa visibilidade e a súa produtividade. Seguindo este fío, o Concello achega en setembro tres cursos totalmente de balde concibidos para mellorar as competencias dixitais das persoas emprendedoras e dos profesionais en xeral do termo municipal.
Os cursos poñen o foco nas posibilidades da fotografía dixital, na transformación tecnolóxica dos negocios e no potencial da nova mercadotecnia (marketing).
-Fotografía para estratexias dixitais e negocio.
Do 8 ao 12 de setembro
20:00 a 22:00 h
-Dixitaliza o teu negocio: estratexias para destacar.
Do 15 ao 18 de setembro.
19:00 a 21:00 h
-Fai medrar a túa marca con marketing dixital.
Do 22 ao 25 de setembro.
19:00 a 21:00 h
Os cursos contan con titorías personalizadas de fotografía de unha hora de duración.
Do 29 de setembro ao 3 de outubro.
20:00 a 22:00 h
O prazo de inscrición estará aberto ata o 3 de setembro.
Máis información e inscricións na Aula CeMIT de Padrón, á que podemos contactar a través do teléfono 675 748 812 (en horario de mañá), da conta correo@padron.gal ou escaneando o QR do cartel. Os cursos están abertos a todas as persoas emprendedoras, autónomas, comerciantes e público xeral interesado.