En abril chegarán os primeiros xogos de Wii U á familia Nintendo Selects

xoves, 10 de marzo do 2016 Marcus Fernández

Dado que os xogos de Nintendo tenden a manter o seu prezo a longo prazo en vez de caer a poucas semanas do seu lanzamento, a compañía nipoa ten dende hai tempo unha liña de xogos chamada Nintendo Selects, que é unha reedición dos títulos de máis éxito a un prezo reducido, facilitando así que moitos máis xogadores de Wii e Nintendo 3DS puidesen gozar dos mellores xogos para as súas consolas, e agora esta vantaxe vai chegar a Wii U, concretamente o 15 de abril, cando chegarán os primeiros títulos da última consola doméstica de Nintendo a esta liña de xogos a prezo reducido.
Actualmente hai 25 xogos na familia de Nintendo Selects, aos que sumaranse 6 xogos de Wii U: New Super Mario Bros. U + New Super Luigi U, Donkey Kong Country: Tropical Freeze, Nintendo Land, Wii Party U, The Legend of Zelda: The Wind Waker HD e LEGO City Undercover. O seu prezo recomendado será de 24,95 euros.
Actualmente en Nintendo Selects podemos atopar xogos para Nintendo 3DS como The Legend of Zelda: A Link Between Worlds, Mario Tennis Open ou Star Fox 64 3D, e xogos para Wii U como New Super Mario Bros. Wii, Super Mario Galaxy 2 ou Mario Party 9, tendo uns prezos que habitualmente non chegan aos 20 euros, de xeito que facilitan a creación dunha ludoteca na que figuren os principais clásicos modernos das consolas de Nintendo.

PUBLICIDADE