En abril os Xogos con Gold e os de PS Plus resultan irrelevantes
mércores, 30 de marzo do 2022
Os servizos de subscrición para poder gozar dos xogos en
liña das consolas Xbox e PlayStation ofrecen cada vez xogos menos relevantes, deixando
claro que o interese de Microsoft e Sony por levar aos seus usuarios a plans
máis completos con mensualidades superiores, e o mes de abril é un grande
exemplo diso, pois probablemente sexa o primeiro mes no que todos os xogos ofrecidos
aos subscritores poderÃan considerarse descoñecidos ou carentes de interese
para a grande base de público.
O caso dos Xogos
con Gold do mes de abril é probablemente o máis claro, por ofrecer os xogos
de Xbox One Another
Sight e Hue, asÃ
como os xogos de Xbox 360 Oútpost
Kaloki X e MX
vs. ATV Alive, grandes descoñecidos, podendo resultar familiar
principalmente o último, por pertencer a unha franquÃa de xogos de motor de THQ
(aÃnda que esta entrega en concreto non conseguiu destacar).
Pero os
xogos de abril de PlayStation Plus tampouco son moi superiores, co
multixogador en liña Hood: Outlaws & Legends para PS4 e PS5 que
podemos considerar un total descoñecido; xunto aos xogos para PlayStation 4 SpongeBob
SquarePants: Battle for Bikini Bottom – Rehydrated e Slay the Spire,
que tampouco serÃan relevantes, resultando unicamente familiar o xogo de Bob
Esponja por estar baseado nunha franquÃa popular, que foi o que conseguiu
que tivese unhas vendas aceptables (superou os 2 millóns de copias entre todas
as plataformas nas que se lanzou) sen que o propio xogo deixase pegada.