En agosto (e en setembro) proseguen os obradoiros Girl STEAM de AMTEGA e o CPETIG
luns, 14 de agosto do 2023
Este
mes
de agosto prosegue a actividade conxunta da AMTEGA e o CPETIG
dirixida a esperar vocacións tecno-cientÃficas entre as nenas e
co obxectivo de reducir fendas de xénero nos estudos e no ámbito
profesional STEM (Ciencia, TecnoloxÃa, EnxeñarÃa e Matemática).
Estamos a falar do ciclo de obradoiros Girl STEAM, desenvolvido pola
axencia autonómica en colaboración co Colexio Profesional de
EnxeñerÃa Técnica en Informática de Galicia (CPETIG). Estas
actividades, que tamén teñen o obxectivo de dar visibilidade ao rol
da muller no eido tecnolóxico, comezaron en xullo e proseguen até
setembro. Neste ecuador de agosto, haberá obradoiros en Guitiriz e
Valga.
Son
obradoiros de carácter práctico e presencial nas aulas CeMIT de 16
concellos de toda Galicia. Cada concello conta con dúas quendas por
idade, unha para escolares de 8-11 anos e outra para idades
comprendidas entre os 12-15 anos, cun aforo máximo de 15 persoas por
quenda.
Contidos
dos obradoiros
Nestas
sesións de experimentación tecnolóxica o alumnado de menor idade
elabora unha peza audiovisual en formato stop motion a partir
dun circuÃto de luces LED da súa autorÃa. Por outra banda, as
persoas participantes de 12 a 15 anos experimentarán coa creación
de tecidos intelixentes, mediante a programación de sensores cunha
placa libre Arduino para construÃr un proxecto sobre unha prenda
téxtil que reaccione a cambios de distancia, luz, inclinación etc.
Apoderar
ás rapazas nos eidos STEAM
Trátase
de impulsar actividades de mentorado desde idades temperás dirixidas
ás rapazas, para espertar o seu interese e reforzar a confianza nas
súas capacidades para cursar estudos STEAM (siglas en inglés de
Ciencia, TecnoloxÃa, EnxeñerÃa, Artes e Matemáticas) e apostar
por profesións do ámbito TIC (TecnoloxÃas da Información e a
Comunicación).
No
desenvolvemento dos obradoiros búscase trasladar mensaxes e
elementos transversais como a igualdade, o sentido crÃtico ante a
tecnoloxÃa e o uso creativo da mesma, a colaboración, o traballo en
equipo e a importancia das artes como ferramenta de desenvolvemento.
Estas
son as actividades pendentes:
18
de agosto: Guitiriz - Obradoiro Girl STEAM para escolares de 12 a 15
anos
17
de agosto: Valga - Obradoiro Girl STEAM para escolares de 8 a 11 anos
25
de agosto: Valga - Obradoiro Girl STEAM para escolares de 12 a 15
anos
21
de agosto: Barreiros - Obradoiro Girl STEAM para escolares de 8 a 11
anos
22
de agosto: Barreiros - Obradoiro Girl STEAM para escolares de 12 a 15
anos
23
de agosto: Ribadeo - Obradoiros Girl STEAM para escolares de 8 a 11
anos
24
de agosto: Ribadeo - Obradoiros Girl STEAM para escolares de 12 a 15
anos
28
de agosto: Vigo - Obradoiro Girl STEAM para escolares de 8 a 11 anos
29
de agosto: Vigo - Obradoiro Girl STEAM para escolares de 12 a 15 anos
7 de
setembro: GaiásTech - Obradoiro Girl STEAM para escolares de 8 a 11
anos
8 de
setembro: GaiásTech - Obradoiro Girl STEAM para escolares de 12 a 15
anos