En maio PlayStation Plus incluirá o xogo FIFA 22

mércores, 27 de abril do 2022 Marcus Fernández

Aínda que os xogos incluídos no servizo de subscrición PlayStation Plus foron de pouca importancia nos últimos meses, a actualización que chegará o 3 de maio será especialmente rechamante por incluír o relevante xogo FIFA 22 para PS5 e PS4, o que supón un grande reclamo para os que aínda non se achegaron a este xogo dende o seu lanzamento. O xogo non só permite gozar do modo Carreira, senón que tamén permite gozar de partidos na rúa no modo Volta Football e tamén gozar dos modos multixogador en liña e local para PS4 e PS5. Os membros de PS Plus tamén poderán gozar do Ultimate Team, para o que contan cun pack que inclúe 11 xogadores cunha puntuación de 82 ou superior para cerar un dream team no FIFA 22 Ultimate Team.
Adicionalmente distribuirase con PlayStation Plus o xogo de rol e supervivencia Tribes of Midgard, para PS4 e PS5, e o xogo para PS4 Curse of the Dead Gods, xogos de pouca importancia que basicamente cubrirían o número de títulos destinados a completar o mes.

PUBLICIDADE