En marcha Imosver.com, portal galego para a venda de libros e artigos de lecer a todo o mundo

venres, 27 de xullo do 2012 Fernando Sarasketa

A crise aperta pero, polos motivos que sexan, as actividades comerciais ligadas ás novas tecnoloxías fican á marxe do parón. É máis: elementos como o comercio electrónico experimentan un medre que non experimentan outros sectores. Ao fío disto, o portal galego Imosver.com, con base en Pontevedra, xorde co mellor dos agoiros, e máis tendo en conta outras cousas que ten ao seu favor: máis de 500.000 referencias de libros e artigos de papelería, agasallo e lecer e unha arela de eficacia e axilidade para conseguir, entre outras cousas, que o usuario que merque no portal, repita. A maiores, Imosver.com, sinalan os seus responsábeis, nútrese dunha infraestrutura especialmente sólida e firme e dun stock constituído por máis de dous millóns de artigos a disposición, vía servizo exprés en 24 horas, de tódolos habitantes de España e Portugal (Península).
Asemade, tamén se distribúen produtos ao resto dos países da contorna, cun promedio de entre 3 e 5 días. O portal artillase arredor de tres áreas temáticas: Libros, Xogos e Papelería, á súa vez ordenadas por categorías. Dispón tamén dun buscador avanzado que permite establecer múltiples criterios de procura para atopar calquera artigo de xeito rápido. O funcionamento do portal, a nivel de compra, é ben sinxelo: só tempos que atopar o produto que desecamos, incorporalo á cesta e realizar o pedido.
A orixe da iniciativa está en 2010, ano no que comeza a coller corpo a idea de crear un portal de venta de libros, lecer e agasallos, a día de hoxe finalmente unha realidade. “Imosver.com conta co apoio de un gran grupo de distribución, con máis de 20 anos de experiencia no sector, tanto en venda nacional como internacional, e unha traxectoria ascendente baseada na constante innovación e adaptación aos novos mercados”, informan os promotores do portal. Este dispón dun equipo humano de máis de 100 traballadores unhas instalación de 8.000 cadrados dotadas dos medios máis modernos de almacenaxe, localización e distribución.

PUBLICIDADE