En marcha a IX Edición do Programa Scratch Day
xoves, 12 de setembro do 2024
A AMTEGA en colaboración co CPETIG organiza un ano máis o Programa Scratch Day que celebra este ano a súa IX edición, buscando derrubar mitos en torno á programación informática e espertar e fomentar vocacións no ámbito STEAM desde idades temperás.
O programa está dirixido á rapazada de entre 7 e 15 anos e desenvolverase entre os meses de setembro e outubro con catro xornadas formativas nas aulas CeMIT de Guitiriz, Tomiño, Celanova e Fisterra. O ciclo rematará o 19 de outubro cunha xornada final no Edificio CINC da Cidade da Cultura, na que tamén terá lugar unha acción formativa específica para profesorado e formadores de centros de ensino.
O obxectivo deste encontro é mostrarlles aos docentes as vantaxes de traballar e ensinar a través deste tipo de tecnoloxía, coa que poden incentivan a creatividade, o emprendemento e a capacidade de resolución de problemas.
Nesta edición os participantes nas xornadas terán que realizar tres videoxogos relacionados con deportes presentes nos Xogos Olímpicos. Nunha primeira fase, realizarase unha introdución aos videoxogos con Scratch e a continuación os asistentes poderán elaborar videoxogos relacionados con deportes olímpicos cos que a posteriori participar nunha competición.
O prazo de inscrición está aberto vía web e os interesados en participar deberán ir acompañados ás xornadas por un adulto.