En marcha as xornadas 2.0 da Mocidade Nacionalista Galega

martes, 12 de abril do 2011 Fernando Sarasketa

A Facultade de Ciencias da Comunicación en Santiago nunha imaxe de Xornal Certo

As segundas Xornadas da Mocidade Galega A nación 2.0. abriron este martes 12 de abril as súas portas. Os encontros, que veñen da man da Mocidade Nacionalista Galega, celébranse até o 14 de abril e diríxense sobre todo a buscar maneiras de tirar partido dos faladoiros e mobilizacións das redes para comezar a pórlle remedio a problemas como a precariedade laboral ou o difícil acceso á vivenda, conxugando formación, lecer, cultura e reflexión, segundo apuntaron os días pasados as organizadoras e organizadores. As actividades das xornadas non rematan o día 14 logo do peche dos encontros celebrados na Facultades de Comunicación e Ciencias Políticas, sedes primeiras do evento. De feito, haberá unha segunda parte a desenvolver os días 29 e 30 de abril en Castrelo de Miño e Ribadavia.
Polo que atinxe á primeira parte das xornadas, dicir que entre outros representantes da cultura galega no eido dixital e das redes sociais contarase coa presenza de Pablo Belay (membro da comunidade Chuza!, medio de comunicación non xerárquico onde cada integrante da rede achega novas e vota as que subministran os demais), María Yáñez (responsable da empresa de desenvolvemento web A Navalla Suíza) ou Anxo Folgueira (da rede social galega Cabozo).
Amais disto, tal e como se pode ver no programa máis completo que vén a continuación, tamén haberá (o día 14 de abril) un interesante debate acerca do caso Wikileaks (no que participarán Xoán Antón Pérez Lema e Diego Ferreiro) e outro sobre as vantaxes que se poden tirar das novas ferramentas dixitais de cara a un xeito de goberno máis aberto, transparente e participativo.
Tamén darán a súa opinión sobre estas e outras cuestións persoeiros destacados da política nacional e internacional, como o líder de Na-Bai e Aralar, Patxi Zabaleta; o ex-conseller da Generalitat e deputado por ERC, Josep Huget; Jeanne Pereita (PT), Catarina Martins (Bloco de Esquerda) e Xosé Manuel Beiras, Carlos Aymerich, Teresa Táboas (BNG), entre outros. A segunda parte, en Castrelo do Miño os días 29 e 30 de abril, conxugará roteiros e charlas sobre ecoloxismo.

MARTES 12 de abril.
Lugar: Facultade de Ciencias da Comunicación
BLOQUE I. A NACIÓN 2.0: Galiza no mundo
11.00- 12.00. Acreditacións.
12:00-12:15 Apertura.
Xosé Pereira. Decano Facultade de Ciencias da Comunicación
12:15-14:30 Unha lingua, un mundo.
Teresa Táboas- Coordinadora Executiva do BNG.
Ana Miranda- Eurodeputada do BNG.
Jeanne Pereira- Partido dos Trabalhadores do Brasil (PT)
Catarina Martins- Deputada do Bloco de Esquerda de Portugal (BE)
16:15:18:15. Globalizando resistencias: Dakar 2011. Foro
Xabier Macías- Fundación Galiza Sempre.
Gonzalo Constenla. Secretario Relacións Exteriroes e Emigración do BNG
Fernanda Couñagro Otero – Amarante Setem
18:15-19:45. Internacionalización do galego: o papel da rede.
Silvio Falcón. Asociación Alba e Groria.
Representante de “O galego na rede”.
19:45-21:00. En feminino. Obra de teatro. “Xenitais”.
Chelo do Rejo
Chus Picallo

MÉRCORES 13 de abril
Lugar: Facultade de Ciencias Política e Sociais
BLOQUE II. A NACIÓN 2.0: ¿O Estado en rede?
12:00- 14:30. É posible un Estado español 2.0?
Xosé Manuel Beiras. Ex-Portavoz Nacional do BNG.
Xosé Manuel Pérez Bouza. Senador do BNG.
Joan Puigcercós. Líder de ERC.
Patxi Zabaleta. Líder de Aralar e Portavoz de Nafarroa Bai no Parlamento de Navarra.
BLOQUE III. A NACIÓN 2.0: novas formas de comunicar
16:00- 17:30. Xornalismo, comunicación e cidadanía. A revolución 2.0?
Silvia Carregal (Xornal de Galicia)
Luis Álvarez Pousa (profesor USC e director de Tempos Novos).
Xan Codesido (Colexio de Xornalistas de Galiza).
17:30-19:00. ¿Atrapad@s na rede?
Pablo Belay. Chuza!
María Yáñez. A Navalla Suiza.
Ánxel Folgueira. Cabozo
19:00- Monólogo.
Alberte Montes.

XOVES 14 DE ABRIL.
Lugar: Facultade de Ciencias Políticas e Sociais
BLOQUE IV.NACIÓN 2.0: A NOVA DEMOCRACIA.
10:00-12:00. E-goberno e democracia participativa. Cara un novo modelo de gobernanza.
Francisco Martínez Hidalgo- Profesor da USC.
Xoán Carlos Bascuas- Executiva Nacional BNG.
Ana Luisa Bouza- Deputada no Parlamento Galego.
12:00-14:00. Dereito de informacion ou espionaxe? O caso de Wikileaks
Xoán Antón Pérez Lema, avogado.
Representante do Movemento polos Dereitos Civís
Diego Ferreiro. Grupo de Seguridade da información da Coruña.
BLOQUE V. NACIÓN 2.0: EMPREGO, CULTURA E SOCIEDADE
16:30-18:30. Cooperativízate dende moz@: novos modelos de economía produtiva.
Representante de Ugacota
Xabier Zar. Xerente de Condes de Albarei
Lidia Senra. Sindicato Labrego Galego.
18.30- 19.45 Homofobia e transfobia. Identidade e sexualidade.
Proxección da curta 1977.
Lucía Vázquez. Presidente de Aturuxo (Federación Galega LGTB)
19.45 Acto de clausura e entrega de diplomas
Carlos Aymerich, Portavoz Parlamentario do BNG.
Paulo Carlos López, Secretario Xeral MNG.
20.30 Concerto de clausura.

PUBLICIDADE