En marcha unha nova edición do certame de curtas en galego Nós tamén creamos
venres, 5 de decembro do 2025
A SecretarÃa Xeral da Lingua e a Dirección Xeral de Innovación Educativa activaron unha nova edición do concurso de curtametraxes en galego Nós tamén creamos!, desenvolvido en colaboración coa Corporación de Servizos Audiovisuais de Galicia. O obxectivo é favorecer o uso do galego en novos e innovadores ámbitos creativos e formatos. E, tamén, dar a coñecer as opcións de ocio en galego que lle ofrece á cativada a sección infantil da páxina web da Televisión en Galicia.
Establécense catro categorÃas con cadanseu premio: categorÃa 1, destinada a curtas realizadas con alumnado do segundo ciclo de educación infantil; categorÃa 2, dirixida a curtas realizadas con alumnado de primeiro e segundo de educación primaria; categorÃa 3, destinada a curtas realizadas con alumnado de terceiro e cuarto de educación primaria; e categorÃa 4, para curtas realizadas con alumnado de quinto e sexto de educación primaria. Ademais, poderá concederse, a xuÃzo da comisión de selección, un accésit para cada categorÃa.
O profesorado participante nas curtas premiadas recibirá unha certificación de Primeiro Premio de Innovación Educativa para cada unha das categorÃas, cunha equivalencia de 30 horas de formación permanente do profesorado para a persoa coordinadora e de 20 horas para o profesorado participante. De ser o caso, o profesorado que participe nas curtas recoñecidas cun accésit recibirá unha certificación de Accésit.
Aos colexios entregaráselles, ademais dun lote de libros, un contrasinal de entrada a unha plataforma de contidos dixitais en galego para poder acceder aos álbums ilustrados durante o curso 2025-2026.
Nesta edición, as curtas débense basear nalgún dos seguintes libros en galego, de OQO editora, que se lles enviaron tanto aos centros educativos participantes no programa como aos que o fixeron de forma libre no certame (libros que recollen nas súas sobrecubertas unha ilustración para pintar e un código QR que nos leva á súa adaptación cinematográfica):
A mellor sopa do mundo, Susanna Isern e Mar Ferrero
O soño do osiño rosa, Roberto Aliaga e Helga Bransch
Hai alguén máis feroz ca min?, Hugo Fernandes e Zé Carlos Pinto
Mago Rosa, Txabi Arnal e Rashin Kheiriyeh
Que roubo máis boubo!, Emma S. Varela e Graziella Troncatti
E que podo facer eu?, José Campanari e Jesús Cisneros
Algo pasa na casa do lobo, Susanna Isern e Ayesha L. Rubio
Nariz de ouro, Raquel Saiz e Juliana Bollini
