En marcha unha nova web que reflicte pictoricamente o Nadal de Vigo

xoves, 20 de febreiro do 2020 Redacción

Vigo segue alumeado mesmo cando xa non o está. Este xoves 20 de febreiro comezou a súa andaina na Rede a web www.vigoiluminado.com, un emprazamento virtual que será o lugar ao que acudir, en calquera época do ano, para todas todas aquelas persoas que non tiveron oportunidade de acudir á mostra pictórica que inmortaliza estes días o estoupido lumínico da cidade galega durante o Nadal. Este proxecto foi presentado polo alcalde Abel Cabaleiro, o comisario da exposición, o artista Mingos Teixeira, e a pintora Isabel Rey.
O obxectivo, sinalaron, é prolongar a dita exposición Vigo Iluminado, que estará aberta ao público até o remate de marzo na sala de exposicións das dependencias da alcaldía, en horario de mañá.
A páxina web, ademais, ten conexión directa cos cadros da mostra, cuxos códigos QR remiten aos visitantes a vigoiluminado.com. En palabras dos seus creadores, “é un espazo onde poder compartir o que foi a experiencia navideña na cidade”.

PUBLICIDADE