En marzo sairá no Reino Unido un novo número dunha revista de videoxogos para mozas

venres, 1 de febreiro do 2008 Marcus Fernández

No mes de marzo as revistas británicas Bliss e Mizz (da editorial Panini) incluirán de balde o número 2 da revista Girl Gamer, que se anuncia como a primeira revista de videoxogos para rapazas no Reino Unido.
A nova publicación é unha extensión da revista oficial de Nintendo, pero dirixida a un público feminino de entre 10 e 16 anos, contando cunha tiraxe de 340.000 copias, aínda que tamén se poderá descargar en formato electrónico dende as webs das revistas coas que se distribúe conxuntamente.
O primeiro número desta revista publicárase no mes de novembro, e tralo seu éxito volverá agora a enfocarse nas consolas Nintendo DS e Wii, que gozan de moito éxito entre as mozas, aínda que resulta curioso ver como se traslada ó mundo editorial.

PUBLICIDADE