En menos dun mes CityVille supera a FarmVille en Facebook

martes, 28 de decembro do 2010 Marcus Fernández

Os xogos de Facebook son todo un fenómeno baseado en mecánicas sinxelas que aproveitan a viralidade das plataformas sociais para engadir certa adicción aos seus usuarios, o que levou a Zynga a converterse nunha das compañías de desenvolvemento de videoxogos máis importante do mundo, principalmente por ter desenvolvido FarmVille, a popular Granxa de Facebook, que vén de perder o seu liderado grazas á aparición doutro produto da mesma compañía, CityVille, que en menos dun mes conseguiu converter no xogo máis popular en Facebook.
Neste momento FarmVille ten 57,2 millóns de usuarios activos, mentres que CityVille chega aos 69,9 millóns, polo que a súa vantaxe é significativa, aínda que non podemos esquecer que non é a primeira vez que un xogo supera efemeramente a FarmVille, polo que a prudencia chama a agardar unhas semanas para comprobar se de verdade esta mestura de FarmVille con SimCity poderá consolidar a súa posición (de feito, no último día FarmVille congregou a uns poucos máis usuarios que CityVille).
Os interesados neste fenómeno poden acudir a Gamasutra, onde publican un artigo que procura explicar o inesperado éxito de CityVille, o que demostra que dende Zynga coñecen a fórmula do trunfo en Facebook.

PUBLICIDADE