En outubro celebrarase unha Startup Weekend destinada a buscar solucións para o sector da educación
venres, 2 de setembro do 2016
- Manuel L. Pan, de Abertal Network, fixo de anfitrión e pregoeiro desta edición da LaconNetwork
O Campo da Festa da Milagrosa en Carballo acolleu esta tarde
a celebración da 75ª
edición da LaconNetwork, encontro que xuntou a ducias de profesionais e
emprendedores do sector TIC galego, que desta volta aproveitaron a conxuntura
para celebrar que a empresa anfitrioa, Abertal Network, cumprÃa 20 anos,
aniversario digno de mencionar nun sector tan novo, e que xa conta con empresas
cunha traxectoria tan longa e prolÃfica.
O encontro converteuse en toda unha romarÃa, comezando o evento cun acto
inaugural a cargo de Manuel L. Pan, de Abertal, quen deu conta do aniversario
da súa compañÃa e salientou o interese da organización de encontros deste tipo
para facer networking entre os
profesionais do sector, dando logo paso a Juan José Fernández GarcÃa,
presidente da asociación TADEGa, quen quixo aproveitar o encontro para anunciar
aos presentes que entre os dÃas 14 e 16 de outubro vai celebrarse no Centro
Abanca Obra Social de Santiago de Compostela unha nova
edición de Startup Weekend, que desta volta terá un obxectivo temático,
destinándose a habitual creación de proxectos empresariais a través da
colaboración dos asistentes repartidos en grupos ao desenvolvemento de
proxectos educativos.
- Juanjo Fernández convidou aos presentes a participar na vindeira Startup Weekend Galicia EDU
Temos asà que o Startup Weekend Galicia EDU xuntará a
profesorado, tecnoloxÃa e comunidade emprendedora para identificar
oportunidades para os retos da educación.
Os equipos que se formen no encontro traballarán xuntos durante 54 horas para
crear ferramentas de base tecnolóxica enfocadas a resolver un problema concreto
na educación entre os estudantes de calquera nivel educativo.
Poden participar nestas xornadas estudantes universitarios interesados no hacking, o deseño de interfaces de
usuario ou que simplemente queiran mellorar a educación, profesores con ganas
de compartir a súa visión e experiencia, membros da comunidade educativa,
desenvolvedores informáticos, deseñadores, emprendedores... en definitiva,
calquera persoa que queira colaborar nos obxectivos deste encontro.
- Numerosos profesionais e emprendedores déronse cita en Carballo para celebrar os 20 anos de Abertal