En outubro teremos unha nova SEGA Mega Drive Mini en Europa

venres, 19 de agosto do 2022 Marcus Fernández

A primeiros de xuño SEGA anunciou que estaba a preparar unha nova Mega Drive mini para o mercado xaponés, e finalmente lanzan un vídeo amosando todos os xogos que incluirá á vez que confirman que esta consola retro a escala tamén chegará a Europa o 27 de outubro incluíndo 61 xogos.
A SEGA Mega Drive Mini 2 incluirá numerosos xogos de cartucho, de Mega CD e incluso xogos especiais que nalgún caso estaban inéditos, buscando así que esta consola teña máis sentido para os coleccionistas.
Concretamente os xogos de Mega Drive en cartucho que incluirá a consola serán After Burner II, Alien Soldier, Atomic Runner, Bonanza Bros., ClayFighter, Soleil (Crusader of Centy), Desert Strike: Return to the Gulf, Earthworm Jim 2, Elemental Master, Fatal Fury 2, Gain Ground, Golden Axe II, Granada, Hellfire, Herzog Zwei, Lightening Force: Quest for the Darkstar, Midnight Resistance, OutRun, OutRunners, Phantasy Star II, Populous, Rainbow Island, Ranger-X, Ristar, Rolling Thunder 2, Shadow Dancer: The Secret of Shinobi, Shining Force II, Shining in the Darkness, Sonic 3D Blast, Splatterhouse 2, Streets of Rage 3, Super Hang-On, Super Street Fighter II The New Challengers, The Ooze, The Revenge of Shinobi, ToeJam & Earl in Panic on Funkotron, Truxton, VectorMan 2, Viewpoint, Virtua Racing e Warsong.
O xogos de Mega CD serían Ecco the Dolphin, Ecco: The Tides of Time, Final Fight CD, Mansion of Hidden Souls, Night Striker, Night Trap, Robo Aleste, Sewer Shark, Shining Force CD, SILPHEED, Sonic The Hedgehog CD e The Ninja Warriors.
Os xogos raros que incluirá a SEGA Mega Drive Mini 2 serán novas versións de Space Harrier II + Space Harrier, Fantasy Zone, Spatter, Super Locomotive e VS Puyo Puyo e os xogos inéditos Devi & Pii e Star Mobile.
Probablemente estamos ante a consola mini con catálogo máis completo até o momento, aínda que cómpre lembrar que falamos das versións de Mega Drive dos títulos, polo que probablemente só é unha recompilación apta para incondicionais de SEGA.

Vídeo promocional da SEGA Mega Drive Mini 2

PUBLICIDADE