En setembro chega á Coruña a a exposición internacional AI: More than human
mércores, 3 de agosto do 2022
A
sede
da Coruña de Afundación prepárase estes días para recibir a
montaxe da exposición internacional AI: More than human,
un proxecto expositivo inmersivo e interactivo sobre Intelixencia
Artificial creado polo Barbican Centre de Londres e co-producido polo
Forum Groningen de Países Baixos. En palabras de Afundación,
“trátase dun proxecto innovador, multidisciplinar e orientado cara
ao futuro”.
A
exposición, organizada na Coruña en colaboración con Ilux Visual
Technologies, inaugurarase a comezos do mes de setembro e conta cunha
montaxe que ocupará todo o edificio, dividido en catro apartados
diferentes, sendo The Dream of AI a primeira parada no
percorrido. Nela demóstrase que os inicios das tecnoloxías con
capacidade de procesar grandes cantidades de información, aprender e
tomar decisións son moito máis antigos do que adoitamos a crer, xa
que se remontan a tradicións relixiosas coma o xintoísmo xaponés
ou a cultura xudía.
A
segunda sección da exposición leva por nome Mind Machines e
amosa como a Intelixencia Artificial cobra forma grazas aos avances
informáticos e matemáticos dos século XIX e XX, e como estes
seguiron expandíndose a grande velocidade no século XXI dando á
tecnoloxía capacidades espectaculares como acontece coas redes
neuronais artificiais. Os visitantes terán a oportunidade de ver e
interactuar coas máquinas Enigma e Bombe de Alan Turing, elementos
claves no transcurso da II Guerra Mundial. Pero tamén con
desenvolvementos máis recentes de empresas como Denso Corporation,
que expón o seu brazo robótico, e o departamento de Arte e Cultura
de Google, que presenta unha obra interactiva que achega a IA á
poesía británica do século XIX, entre outras moitas obras.
Data
Worlds é a terceira sección de AI: More than human. Nela
ofrécese unha análise da infinidade de aplicacións que ten esta
tecnoloxía, así como a súa incorporación a ámbitos como a
sanidade, o xornalismo ou o comercio.
Endless
Evolutio é a última sección do percorrido e céntrase na área
de investigación coñecida como A-Life, a cal amosa a fusión
da IA con outras disciplinas para cambiar a nosa idea do que chamamos
“natural”. Aquí, o visitante poderá ver, por exemplo, como
millóns de copias dun álbum musical poden ser codificadas en ADN e
gardadas dentro de botes de spray, ou incluso ulir as flores dunha
árbore que se extinguiu máis de 100 anos atrás.
Ademais,
deseñouse unha aplicación exclusiva para a estadía da exposición
na Coruña. Trátase dun desenvolvemento que combina a IA coa análise
da información a gran escala (Big Data), todo isto aplicado
ao turismo, para facilitar a busca de recursos mediante imaxes.