En setembro continuará o ciclo de actividades para iniciar aos maiores no uso de dispositivos móbiles

venres, 17 de agosto do 2018 Redacción

A Fundación Vodafone e a AMTEGA en colaboración coa a Rede CeMIT continúan traballando para impulsar o uso dos smartphones e as tabletas entre as persoas maiores. Os ciclos Aprende a usar o teu smartphone e Aprende a usar a túa tablet, retomaranse en setembro e prolongaranse ata novembro nas localidades de Brión, Oroso, Pontedeume, e Ribadeo.
De cara a darlle continuidade a esta programación, a Fundación Vodafone renovou parte do material cedido para a realización destas actividades con 7 novas tabletas. Pódense consultar as datas e formalizar a inscrición, de balde, na páxina web de CeMIT, e na aulas aulas CeMIT de xeito presencial ou contactar coa Oficina CeMIT enviado un correo a cemit@xunta.gal
O primeiro semestre do ano pechouse cuns datos moi positivos coa realización de 35 actividades e a participación de 16 aulas da Rede CeMIT e máis de 300 asistentes.
Cada un dos centros CeMIT que participaron nesta iniciativa dispuxeron de diversos terminais telefónicos e de tabletas, cedidos pola Fundación Vodafone, para facilitar a aquelas persoas que non dispoñan deles o seu manexo. Ademais, como material de apoio, as aulas dispuxeron tamén dunha serie de guías en papel moi sinxelas e vídeos con pílulas formativas breves e moi prácticas, que serven de soporte audiovisual á hora de formar dunha maneira fácil e á medida da persoa interesada.

PUBLICIDADE