En setembro teremos novo modelo de Xbox Series S
luns, 12 de xuño do 2023
- Medra a familia de consolas Xbox Series X|S
Na actual xeración
de consolas de videoxogos Microsoft adoptara unha curiosa forma de diferenciar
as máquinas máis aló do seu factor forma, xa que a potente Xbox Series X
presentaba unha carcasa de cor negra, mentres que a máis compacta e menos
potente Xbox Series S tiña unha carcasa de cor branca, pero finalmente
decidiron mudar de polÃtica e anunciar
que o 1 de setembro teremos unha Xbox Series S en cor negra, que non só
resultará máis atractiva para moitos pola súa cor, senón que tamén destacará
por ter 1 TB de almacenamento interno, de aà que pode converterse nun produto bastante
apetecible para os usuarios dispostos a dicir adeus aos xogos en formato fÃsico
(xa que a Xbox Series S carece de lector de discos).
Esta
nova consola xa pode reservarse, estando fixado o seu prezo de venda
recomendado en 349,99 euros, mentres que o modelo en cor branca con 512 GB de
almacenamento interno mantén o seu prezo oficial en 299,99 euros. Cómpre
lembrar que unha
tarxeta de ampliación do almacenamento para Xbox Series S custa no contorno dos
100 euros, polo que mercar directamente o novo modelo da consola resulta
máis económico, e tampouco podemos esquecer que é bastante probable que a nova
consola experimente rebaixas semellantes ao do modelo actual (que resulta relativamente
doado atopar con descontos de entre 20 e 60 euros).
VÃdeo de presentación do novo modelo de Xbox Series S