Enano e2: un ordenador pequeno, silencioso e ecolóxico

venres, 18 de maio do 2007 Marcus Fernández

Enano Computers sorprende ó mundo cun novo PC que a simple vista parece estar inspirado no Mac Mini de Apple, pois ten un tamaño reducido comparable ó de algunhas gravadoras de DVD externas, pero que presume de ser un 95% máis silencioso, un 80% máis eficiente no consumo enerxético e un 65% máis frío que un equipo de sobremesa normal, que xunto co feito de que está feito de material reciclable, o converten nun ordenador respectuoso con medio.
O Enano e2, no seu modelo superior, inclúe un procesador Intel Core 2 Duo, 2 Gb de memoria RAM, sintonizadora de televisión, Wi-Fi, mando a distancia de Media Center e o sistema operativo Windows Vista Ultimate, vendéndose a 1.824,99 dólares (aínda que hai versións máis modestas dende os 649,99 dólares).

PUBLICIDADE