Energy Sistem Xplosionn 5500: os auriculares con reprodutor de MP3 integrado

luns, 13 de agosto do 2007 Marcus Fernández

Energy Sistem vén de pór á venda uns auriculares que levan incorporado un reprodutor de MP3 que funciona con tarxetas SD e MMC, o que permite usar tarxetas de ata 2 Gb.
Os Xplosionn 5500 permiten así levar a música a todas partes sen ter que levar ningún accesorio adicional enriba, podendo mesmo pregarse para o seu transporte. Estes auriculares cargan a súa batería de litio mediante USB e pesan 450 gramos, polo que en suma serían unha opción peor que reprodutor multimedia Bluetooth cos auriculares axeitados, pero o seu reducido prezo (59,90 euros) son os que poderían achegar a certos consumidores a facerse con eles.

PUBLICIDADE