Enslaved será o novo xogo de Ninja Theory
mércores, 30 de setembro do 2009
Namco Bandai
anunciou oficialmente que o equipo de Ninja
Theory está a desenvolver o xogo Enslaved,
que chegará a PlayStation 3 e Xbox 360 en 2010, o que é toda unha sorpresa,
pois non se sabÃa nada dos autores de Kung
Fu Chaos (Xbox) e Heavenly Sword
(PS3).
Enslaved é un xogo de acción e
aventura táctica ambientado nun futuro post-apocalÃptico (dentro duns 150 anos)
no que manexaremos a un par de personaxes, Monkey e Trip, que están ligados de
xeito que se a segunda morre, o primeiro tamén falece, polo que deberán
colaborar para a súa supervivencia, movéndose por un mundo hostil no que
atoparán inimigos perigosos.
O xogo é bastante ambicioso, contando no seu equipo con profesionais coma Andy
Serkis (intérprete de Gollum nas pelÃculas de O Señor dos Aneis), Nitin Sawhney (compositor da banda sonora de
máis de 40 pelÃculas) ou Alex Garland (autor do guión de 28 DÃas Después).
- O xogo está ambientado nun futuro post-apocalÃptico no que hai que facer fronte a múltiples perigos