Entregados catro drons para localizar incendiarios dende a base de Silleda
venres, 3 de xullo do 2020
O
director
xeral de Defensa do Monte, Tomás Fernández-Couto, estivo este 3 de
xullo na base de helicópteros de Silleda para entregar catro drons
aos axentes ambientais das brigadas de investigación de incendios
forestais (BIIF), catro vehÃculos aéreos non tripulados cos que
se poderá localizar incendiarios e mellorar a vixilancia preventiva,
a detección e a extinción de lumes.
O
director xeral sinalou que a Xunta contará este ano con 10 drons
máis, que se sumarán aos dous do ano anterior, durante a tempada de
alto risco de incendios, que comezou este mércores e que se vai
prolongar até o 30 de setembro. Ademais, explicou que darán apoio
ao traballo que desenvolven as BIIF en Galicia, dando servizo na
medición e avaliación de superficies queimadas, e máis na
detección de posÃbeis incumprimentos en materia de xestión de
biomasa ou distancias de plantación.
No
acto de entrega destes aparellos, levouse a cabo unha pequena
demostración do seu funcionamento e equipamento. AsÃ, os vehÃculos
aéreos estarán controlados mediante unha emisora cun alcance de 3,5
quilómetros de distancia. Deste xeito, incorporan un sistema
anticolisión perimetral, con sensores frontal, inferior, traseiro,
superior e lateral. O director xeral explicou que o tempo de voo está
entre os 20 e os 30 minutos e que incorporan unha cámara dual con
varios modelos de visualización de vÃdeo.