Entréganse os II Premios DígochoEu
martes, 16 de maio do 2023
A pasada tarde a
Cidade da Cultura acolleu o acto
de entrega dos II Premios DígochoEu da CRTVG, gala á que acudiron os centros
escolares premiados na edición deste curso escolar 2022-2023 e que puido
seguirse en directo a través da Internet (podendo verse tamén este mércores ás
12:00 na TVG).
Na categoría de
primaria, foron premiados os vídeos presentados polos centros CEIP Ramón
Cabanillas de Santiago, co #DígochoEu de Ouro; o do CEIP Plurilingüe de Ponzos
(Ferrol), co de Prata, e o CPR Plurilingüe Sagrado Corazón de Praceres que
gañou o #DígochoEu de Bronce. Na categoría de secundaria, o gañador do premio
de ouro foi o IES Monte Carrasco de Cangas, seguido do IES Plurilingüe Fontem
Albei (A Fonsagrada) que levou o #DígochoEu de Prata e o EFA A Cancela, das
Neves, o de Bronce.
E os premios
especiais do xurado, aos vídeos enviados polos propios centros educativos foron
para o CEIP de Quiroga (Lugo) na categoría de educación primaria e para IES Nº1
da Estrada, de educación secundaria. Resolveuse
tamén o concurso Unha canción para Esther, entre os cinco grupos
finalistas. O gañador foi o grupo King Kids co tema Dígocho eu. En
segundo lugar quedou Olimpíadas rurais, de Diego de Braelle, seguido de Mentiras
que o lume prendeu, de Chamaquito Pistolas; Río, de Rhome; e Dáche
igual, hydn ft. Chris Indian.
Máis de 700 nenos
e nenas de 20 centros escolares asistiron á entrega dos premios. O acto contou
coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística e de Gadis nesta
iniciativa. Nesta ocasión, o xurado estivo composto por Valentín García Gómez,
secretario xeral de Política Lingüística; a actriz María Foscaldo, máis
coñecida pola súa personaxe Virtudes, e a xornalista e presentadora da TVG Loli
Gómez.