EnxeñarÃa de Telecomunicación abrirá este xoves as súas portas á cidadanÃa
luns, 7 de abril do 2025
A Escola de EnxeñarÃa de Telecomunicación da UVigo abrirá este xoves 10 de abril as súas portas á cidadanÃa nunha xornada pensada especificamente para o alumnado de ensino medio que en breve terá que elixir titulación universitaria, asà como para as súas familias. Será a partir das 16.30 horas, previa inscrición na web da escola.
A xornada, que se celebra por terceiro consecutivo e que se suma ás frecuentes visitas de institutos ao centro para participar en diferentes actividades, estará guiada por profesorado, asà como por alumnas e alumnos que darán información de primeira man sobre como é estudar nesta escola, en que consiste o Grao de EnxeñarÃa de Telecomunicación, que tipo de actividades se realizan etc.
A visita iniciarase cunha pequena charla de presentación e, a partir de aÃ, as persoas participantes poderán experimentar as potencialidade das tecnoloxÃas de telecomunicación nos laboratorios de 5G, cámaras anecoicas, laboratorio de fotónica para comunicacións ópticas e cuánticas…
Desta volta, o percorrido incluirá tamén a visita ao hackathon TecnoloxÃas de Virtualización Lixeiras - WebAssembly, que se celebra esa mesma tarde na escola organizado pola empresa Optare Solutions e o centro de investigación atlanTTic da UVigo, e no que se amosarán algunhas das tecnoloxÃas actuais de virtualización de aplicacións, asà como as novas tendencias para as contornas de computación Edge.
Aberto á participación de alumnado tanto de grao como de mestrado, o hackathon constará de tres fases. A primeira consistirá nunha introdución a estas tecnoloxÃa que correrá a cargo de Alberto Estévez Caldas e Rubén Pérez Vaz, investigadores Edge Computing da UVigo. A continuación, describirase o reto de programación do concurso e, por último, será o momento da implantación, avaliación e medición das solucións achegadas polos participantes, o que proporcionará os resultados para determinar os gañadores ou gañadoras. O mellor proxecto recibirá 400 €, o segundo 200 € e o terceiro 100 €.