Epic Games despide a centos de traballadores e sube o prezo dos paVos de Fortnite
xoves, 28 de setembro do 2023
AÃnda que
vexamos a Epic Games como unha compañÃa de grande éxito que arrasa con Fortnite
e coa súa propia tenda de aplicacións, está a emprender unha reestruturación, e
anuncia que
vai despedir a preto do 16 dos seus empregados (uns
870 traballadores) e desfacerse de Bandcamp (plataforma musical que adquiriron
o ano pasado) e boa parte de SuperAwesome (compañÃa que se uniu a Epic en
2020).
O máximo responsable da compañÃa, Tim Sweeney, recoñece que levan tempo gastando
moitos máis cartos dos que ingresan, como un investimento na súa evolución e no
ecosistema de Fortnite, pero agora considera que pecou de excesivo
optimismo, e ten que recortar gastos.
Menciona que os ingresos de Fortnite volven medrar, pero o crecemento
actual depende en boa medida do contido dos creadores que levan unha parte
destes ingresos, polo que a marxe de beneficio é inferior, o que está a provocar
un cambio estrutural na economÃa da compañÃa.
A compañÃa está a realizar esforzos para reducir custos, manteñen unha
contratación neta cero e están a reducir o gasto operativo en cousas como
márketing e eventos, medidas que non chegan para acadar unha sustentabilidade
financeira, de xeito que o axuste do cadro de persoal é a única saÃda que lles
queda para estabilizar as súas finanzas.
Suba de prezos en Fortnite
Este anuncio chega poucas horas despois de que anunciasen un axuste de prezos
para Fortnite, ou sexa, que a
partir do 27 de outubro subirán o prezo dos paVos (a moeda virtual do xogo).
Por exemplo, o lote de 1.000 paVos, que actualmente pode adquirirse por 7,99
euros, pasará a venderse por 8,99 euros. Falamos dunha suba de prezos polos
contidos no xogo que estarÃa no contorno do 12,5%.