Epson deixará de vender impresoras láser en 2026
xoves, 17 de novembro do 2022
Nos últimos anos vemos como algunhas tecnoloxÃas van
quedando aparcadas por mor do seu elevado consumo enerxético, e a aposta por un
futuro sustentable pode impactar seriamente no mercado de impresoras, ou iso
podemos entender do anuncio de Epson de finalizar a venda e distribución de impresoras
láser en todo o mundo para 2026, asegurando que a tecnoloxÃa de impresión de
tinta pode contribuÃr máis á sustentabilidade.
Epson leva tempo promocionando a impresión con «tecnoloxÃa sen
calor», explicando que a tecnoloxÃa de inxección non precisa de calor para
expulsar a tinta, o que consegue un menor consumo enerxético, mentres que a tecnoloxÃa
de impresión mediante láser precisa quecer a tinta, o que supón un elevado
consumo enerxético, que podemos comprobar claramente ao ver a etiqueta
enerxética das impresoras no momento da súa compra. As impresoras de inxección tamén
están libres de certas substitucións periódicas de elementos (tambor, correa e
fusor) como acontece coas láser, polo que xeran menos refugallos.
AÃnda que as impresoras de inxección de tinta están asociadas tradicionalmente
a un elevado prezo dos seus consumibles, nos últimos anos a cousa mudou
bastante grazas ás tecnoloxÃas de impresión sen cartuchos, que no caso de Epson
corresponde á familia de impresoras
EcoTank, que promete un aforro de até o 90% en tinta.