Epson presenta un prototipo de papel electrónico de 13,4 polgadas e 385 dpi
xoves, 22 de maio do 2008
O SID 2008 de Los
Ángeles non serve só para amosar grandes pantallas LCD e de plasma, senón que o
evento tamén vén de ser aproveitado por Epson para amosar ao público a súa solución
de papel
electrónico de 13,4 polgadas (tamaño A4) que destaca por presentar
unha imaxe de 3.104 x 4.128 píxeles, o
que supón unha resolución de 385 puntos por pulgada, o que sería o meirande
papel electrónico de Epson e destacaría pola súa alta definición.
Este novo produto combinaría a tecnoloxía de tinta electrónica de E-Ink con
policristais Si-TFT de baixa temperatura de Seiko Epson, o que permite
conseguir unha relación de contraste de 10:1 e unha reflectancia do 40%.
Esta papel electrónico sería só un prototipo, pero a empresa está
a pensar na súa produción masiva, pois estes produtos están a
achegarse cada vez máis ao que sería unha alternativa viable ás publicación
impresas.