Ericsson non participará no Mobile World Congress

venres, 7 de febreiro do 2020 Marcus Fernández

As medidas anunciadas para a celebración do Mobile World Congress de Barcelona para facer fronte ao coronavirus de Wuhan parecen non ter convencido a Ericsson, compañía que sorprende anunciando que non acudirá ao encontro tecnolóxico este ano e optando pola celebración de eventos locais que chamará Ericsson Unboxed.
A compañía sueca asegura ter atendido ás recomendacións da OMS e outras entidades para tomar a decisión de non acudir ao MWC Barcelona 2020, pese a ser o encontro máis importante da industria das telecomunicacións a nivel mundial e cun risco de exposición ao coronavirus extraordinariamente baixo (lembremos que o evento ten lugar en Barcelona, e non nunha zona afectada pola epidemia).
O principio de precaución adoptado por Ericsson semella carente de sentido, atendendo a un medo infundado que podería afectar seriamente aos resultados financeiros da compañía ao longo do ano, pola perda da oportunidade que supón un encontro internacional no que péchanse moitas negociacións e pedidos (pois o informante do MWC non é a zona de expositores, senón os milleiros de encontros a porta cerrada nos que participan empresas de todo o mundo).

PUBLICIDADE