Escolares de todas as idades participarán na VII Xornada Exxperimenta en feminino
mércores, 7 de febreiro do 2024
Esta mañá tivo lugar a presentación da VII Xornada Exxperimenta en feminino, un acto no que estiveron presentes a conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, xunto a profesoras, investigadoras e alumnas do Campus de Ourense da Universidade de Vigo que apostarán pola divulgación da ciencia, da tecnoloxÃa, da enxeñarÃa e das matemáticas con motivo do DÃa Internacional da Muller e da Nena na Ciencia, que se celebrará o 11 de febreiro.
O acto desta VII Xornada Exxperimenta en feminino, que se celebrará o 16 de febreiro, está aberto a escolares de Primaria, Secundaria e Bacharelato, feito que a conselleira sinalou como unha oportunidade perfecta para que as novas xeracións se impliquen no incremento da presenza da muller nos eidos da ciencia e da tecnoloxÃa.
AsÃ, as e os escolares van ter a posibilidade de realizar experimentos cientÃficos e tecnolóxicos e de
coñecer as titulacións impartidas na Facultade de Ciencias, na Escola Superior de EnxeñarÃa Informática, na Escola de EnxeñarÃa Aeronáutica e na Escola Universitaria de EnfermarÃa do Campus ourensán. Rivo apostou por seguir asentando a tendencia da muller como referente na ciencia e na tecnoloxÃa, promovendo a eliminación dos desequilibrios e situando a perspectiva de xénero nun primeiro plano nos estudos e actividades cientÃficas.
Pola súa banda, a titular de Promoción do Emprego e Igualdade lembrou que hai dous meses
entregaba o premio MarÃa Josefa Wonenburger a Concepción Paz PenÃn, enxeñeira industrial, catedrática e doutora pola Universidade de Vigo e directora do Centro de TecnoloxÃa, EnerxÃa e Procesos Industriais (Cintecx) desta mesma universidade. Alén deste premio, cómpre salientar que a Unidade Muller e Ciencia se creou precisamente para contar cunha área de traballo interdepartamental que transforme a ciencia e a tecnoloxÃa galegas, con accións desde a perspectiva de xénero. Nesa liña se sitúa tamén o III Programa de Muller e Ciencia, cuxo obxectivo é acadar un sistema galego de ciencia, tecnoloxÃa e innovación que incorpore de xeito efectivo o principio de igualdade de oportunidades, diminuÃndo a fenda de xénero e situando ás investigadoras á fronte dos equipos. Asemade, hai que mencionar o VIII Plan estratéxico de igualdade entre mulleres e homes, presente en toda a actividade que desenvolve a Administración autonómica, de cara a unha igualdade real e efectiva; ou a nova Lei de igualdade que actualiza o marco normativo galego, situándonos á vangarda nese equilibrio entre mulleres e homes.
Ao longo deste ano 2024, tamén se introducirá un novo plan para aumentar a presenza feminina en sectores onde tradicionalmente predominan os homes, con axudas á formación e á contratación. Nese camiño tamén se avanza coa campaña Ti elixes, dirixida a escolares para conciencialos de que as mulleres deben elixir a súa profesión libres de prexuÃzos ou de estereotipos.
Alén disto e pensando en reducir a fenda de xénero nos postos directivos, estase a desenvolver (deica o 11 de abril) o programa formativo Lideramos, polo que 150 mulleres das catro provincias galegas participan en obradoiros ou sesións de traballo en equipo para reforzar as redes colaborativas.