Escolas Católicas forma ao profesorado en IA, Canva e Genially

martes, 4 de marzo do 2025 S. P.

As Escolas Católicas van organizar este mes de marzo dous obradoiros de Tecnoloxía e educación centrados en varias das vertentes máis creativas do ámbito dixital: a Intelixencia Artificial e as ferramentas Canva e Genially. En concreto, trátase de dous talleres, totalmente prácticos, centrados no uso da IA nas aplicacións Canva e Genially para uso educativo, “dúas ferramentas que nos permiten deseñar recursos didácticos educativos atractivos e eficaces”, sinalan dende a organización.
O equipo docente aprenderá ás persoas participantes a deseñar recursos audiovisuais optimizando a presentación de contidos e fomentando unha aprendizaxe máis interactiva e motivadora para o alumnado.
Para iso, contarase coa presenza de Santiago Gómez Fuentes, docente e formador con ampla experiencia na aplicación da IA no eido educativo.
No programa, inclúese información detallada de cada un dos obradoiros, presenciais, que terán lugar os días 20 e 27 de marzo, de catro a oito, na sede de Escolas en Santiago de Compostela Católicas (Área Central, praza de Europa, 2ª andar, 10-A). Esta proposta está dirixida a todos os docentes, titores/as e a calquera persoa interesada en sacar o máximo rendemento a estas dúas aplicacións. Ao seren obradoiros prácticos, requírese que as persoas inscritas traian cadansúa tableta ou ordenador o día da formación e que coñezan minimamente as aplicacións.
Obradoiro IA e Canva
Data e horario: 20 de marzo de catro a oito.
O custo desta formación, bonificábel por FUNDAE, é de 52 euros.
Obradoiro IA e Genially
Data e horario: 27 de marzo de catro a oito.
O custo desta formación, bonificábel por FUNDAE, é de 52 euros.