España sitúase por debaixo da media europea no acceso a Internet dende os fogares
mércores, 13 de xuño do 2007
Segundo datos de Eurostat referentes ó ano 2006 facilitados polo Instituto de Estudos Económicos, tan só o 39 por cento dos fogares españois contan con acceso a Internet, unha cifra que se atopa dez puntos por debaixo da media europea e a anos luz de paÃses como Holanda (80 por cento), Dinamarca (79 por cento) ou Suecia (77 por cento).
Outros paÃses que contan con maior implantación que España de Internet nos fogares son Luxemburgo ( 70 por cento), Alemaña (67 por cento), Finlandia (65 por cento) e Reino Unido (63 por cento).
Ó igual que España sitúanse por debaixo da media europea, Estonia, Letonia, Francia e Italia, que contan con cifras en torno ó 40 por cento.