Espello retrovisor con navegador GPS
martes, 22 de xullo do 2008O 1 de agosto sairá
á venda nos EE.UU. por 799 dólares un navegador GPS que supón un
imporante cambio na aparencia exterior deste tipo de dispositivo, pois se
integra no espello retrovisor, de xeito que a súa consulta resulta máis natural
e non distrae tanto da condución.
O SmartMirror
(antes coñecido coma DS-400Gb) funciona cun procesador Samsung S3C244OA a 400
MHz, conta con 64 Mb de memoria interna, unha tarxeta SD de 2 Gb (para almacenar
mapas, fotografÃas e libros electrónicos), funciona co sistema operativo
Windows CE .NET 4.2, o seu receptor GPS integrado ten alta sensibilidade (16 canles),
ten unha pantalla táctil panorámica de 4 polgadas, integra altofalantes,
soporta Blutooth para mans libres (amosando en pantalla a identificación de
chamada) e coma solución software conta co Navigon Mobile Navigator 6.5.