Esta semana prémiase a compra dunha PS4 co xogo Uncharted 4

luns, 22 de agosto do 2016 Marcus Fernández

Para animar á compra da consola PlayStation 4 durante esta semana, até o día 28 de agosto os que adquiran unha consola PS4 en calquera das súas versións na súa tenda habitual recibirán como agasallo o xogo Uncharted 4: El Desenlace del Ladrón, considerado como a obra mestra desta plataforma, sendo un dos xogos máis recoñecidos da actual xeración de consolas e o que pon o peche á saga de xogos de Naughty Dog iniciada na PlayStation 3.
Uncharted 4 é un xogo realmente redondo, que sabe aproveitar tecnicamente as prestacións da PS4, e que, aparte da súa magnífica campaña para un xogador, busca alongar a súa vida con modos multi-xogador que recibirán actualizacións de balde durante preto dun ano, de xeito que estamos ante un título que resulta tan satisfactorio como rendible para o xogador.

PUBLICIDADE