Este 19 de xullo volven as katas de Embedded Rust da Industriosa
venres, 14 de xullo do 2023
Este
mércores 19 de xullo, de 18:30 horas, volven as katas
de Embedded Rust que organiza e acolle en Vigo A Industriosa. Desta
vez a sesión de desenvolvemento aberto virá con algunhas novidades,
xa que se revisará o código feito por algúns membros das últimas
katas e así “tratar de facer algunha mellora e
aprender dunha aplicación real”. O proxecto en cuestión podemos
visualizalo na
web de GitLab.
Contarase coa presenza activa dos
contribuidores do proxecto para que presenten os detalles do mesmo e
poidan resolver as dúbidas das persoas participantes, que poderán
formalizar a súa inscrición de xeito gratuíto a
través de Meetup.
Esta
actividade está patrocinada pola Xunta de Galicia e pola Axencia
Para a Modernización Tecnolóxica (AMTEGA).
As
katas da Industriosa son
un evento informal e aberto
a calquera persoa que se anime a “participar e compartir unha hora
e media de programación,
café e ou té”.
Inspirados nos katayunos,
dojos
e actividades semellantes, o formato das katas
da Industriosa teñen un formato de grupos de entre dúas e tres
persoas para resolver un reto de programación, compartir e mellorar
as nosas habilidades de Python
ou Embedded Rust.