Este 24 abre o prazo para solicitar as axudas para mellorar a conectividade dos polígonos

martes, 23 de xullo do 2024 S. P.

A Xunta publicou estes martes 23 de xullo, no Diario Oficial de Galicia, a liña de axudas do programa estatal UNICO para mellorar a conectividade en polígonos empresariais. Desde este mércores 24 e até o 16 de setembro, pequenas e medianas empresas e micropemes situadas en polígonos, centros loxísticos ou áreas de alta concentración empresarial poderán solicitar esta subvención para dispoñer de conexións de 1 Gbps.
As empresas poderán subvencionar ata o 80% do custo do proxecto, cun importe máximo de 60.000 euros por solicitude. O orzamento destinado a esta convocatoria é de 4,5 millóns de euros.
A Axencia pola Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) lembra que esta é a segunda convocatoria desta liña de axudas que se lanza na nosa Comunidade. “Na primeira realizáronse 132 actuacións, superando o obxectivo inicial de 77, grazas ás medidas impulsadas anteriormente pola Xunta, que xa dotaran de conexión á fibra ao 93% da superficie empresarial”, explicou a axencia, engadindo que nos vindeiros días está previsto que se publiquen as axudas destinadas á mellora da conectividade en edificios, que contemplan subvencións de ata o 100% dos investimentos cun máximo de 23.800€, de 21.000€ ou de 16.000€ en función do alcance da instalación.
Ademais, Galicia abriu o pasado 28 de xuño a segunda convocatoria de bonos dixitais para facilitar a familias ou persoas vulnerábeis a contratación ou o mantemento de servizos de banda ancha cunha velocidade mínima de 30 Mbps.
Con estas novas convocatorias a Xunta busca incrementar o numero de beneficiarios das convocatorias de 2022 e 2023. Estas axudas enmárcase no Programa ÚNICO.