Este ano podería chegar un sorprendente LEGO Rock Band

luns, 6 de abril do 2009 Marcus Fernández

Representación dunha actuación musical feita con figuras de LEGO

Unha presentación de Dan Teasdale, deseñador senior de Harmonix, durante a Game Developers Conference, está a servir de confirmación non oficial de que a súa compañía está a traballar na creación dun LEGO Rock Band para este ano (pese a que Teasdale non fixese unha mención expresa), xa que nun dos gráficos que amosou cun calendario de xogos musicais xunto ao The Beatles: Rock Band e ao Rock Band Unplugged para PSP aparecía un xogo marcado só coa palabra LEGO, confirmando así os rumores dos últimos meses, aínda que non se coñece cal será a intención deste tipo de título.
O mesmo gráfico tamén desbotaría a chegada dun Rock Band 3 durante o presente ano, aínda que si contaría co lanzamento dun novo Guitar Hero e incluso un Guitar Hero: Van Halen. O Guitar Hero Greatest Hits tamén aparece na táboa, pero nas últimas horas deuse a coñecer respondería a outro nome, Guitar Hero: Smash Hits (aínda que só nos EE.UU., por un problema de marcas rexistradas), que sería unha selección dos mellores temas das vellas entregas de Guitar Hero, que aínda non facían uso de micrófono e batería, e que agora poderán aproveitar as novas funcionalidades das últimas entregas.

Calendario de lanzamento de xogos musicais



Así sería a carátula do futuro Guitar Hero: Smash Hits (nos EE.UU., pois en España conservará o nome Guitar Hero: Greatest Hits).

PUBLICIDADE