Este ano tampouco teremos entrega de NBA Elite
mércores, 6 de abril do 2011
O deficiente
estado de desenvolvemento no que estaba o xogo NBA Elite 11 levou
a EA Sports a cancelalo antes do seu lanzamento previsto para o pasado
Nadal, pois a reformulación da franquÃa NBA
Live buscaba comezar con bo pé para poder competir cos tÃtulos de
baloncesto de 2K Sports, pero o panorama non parece ter mellorado, e Peter
Moore vén de asegurar que teñen a traballar no seu novo xogo da NBA á xente de
Tiburon Studio (en Orlando), buscando crear un produto que non
verá a luz ata 2012, de xeito que EA Sports volverÃa a deixar pasar o tren
na vindeira campaña de Nadal.
Curiosamente a compañÃa repetirá a xogada de 2010, e no outono
tamén teremos unha nova entrega de NBA
Jam, que chegará como tÃtulo descargable e contará con novas
caracterÃsticas como un sistema de intelixencia artificial avanzado e unha
campaña cooperativa en liña. NBA Jam: On
Fire Edition chegará con grandes estrelas da NBA, xogadores lendarios da
NBA e numerosos personaxes desbloqueables inéditos, estando previsto o seu
lanzamento para Xbox LIVE e PlayStation Network para o mes de outubro.
- No outono teremos outra entrega da saga NBA Jam