Este luns preséntase na Coruña o programa Aprendendo a Exportar Tecnoloxía

venres, 28 de setembro do 2007

A Cámara de Comercio da Coruña acolle este luns 1 de outubro a partires das 19.00 horas a presentación do programa Aprendendo a Exportar Tecnoloxía, xestionado polo Instituto Español de Comercio Exterior (ICEX) e encamiñado a pequenas e medianas empresas do sector que teñan á vista unha estratexia de “diferenciación” que desexen exportar ó mercado global. O obxectivo desta activdade, na que colaboran a Cámara de Comercio da Coruña e o Instituto Tecnolóxico de Galicia, é sensibilizar a 5.000 empresas da necesidade de iniciarse na exportación co fin de seren máis competitivas. O programa está aberto a calquera empresa de calquera sector relacionado co eido tecnolóxico.

PUBLICIDADE