Este mes anunciaranse dous novos xogos de Pokémon

venres, 9 de abril do 2010 Marcus Fernández

A poucos días do lanzamento en España dos xogos Pokémon Oro e Plata, a xente de Nintendo adianta que o vindeiro 15 de abril fará o anuncio oficial dos futuros Pokémon Blanco e Negro, que será un xogo para Nintendo DS que, coma vén a ser habitual, chegará antes ao Xapón (no outono).
Polo momento sábese que estes títulos contarán coa presenza de dúas novas criaturas (Zorua e Zoroark), que corresponderían a un pokémon e a súa respectiva evolución, descoñecéndose se este título contará con innovacións no tocante á mecánica de xogo.

Zorua e Zoroark serán as novas criaturas do futuro xogo de Pokémon

PUBLICIDADE