Este mes chega ás tendas a tableta OnePlus Pad 3
xoves, 5 de xuño do 2025
OnePlus anunciou o lanzamento oficial da OnePlus Pad 3, o súa nova tableta de alta gama con Android que estará dispoñible a partir do 25 de xuño a un prezo de lanzamento de 599 euros para o modelo con 16 GB de RAM e 512 GB de almacenamento interno, incluÃndo na promoción un agasallo a elixir entre varios accesorios, dos que o máis caro serÃa unha funda teclado valorada en 169 euros.
O OnePlus Pad 3 conta cun corpo metálico unibody de menos de seis milÃmetros de grosor e incorpora oito altofalantes (catro woofers e catro tweeters) para ofrecer unha experiencia de son inmersiva. Chegará nunha única versión cromática, chamada Storm Blue.
A súa pantalla de 13,2 polgadas con resolución de 3.392 x 2.400 pÃxeles, ou sexa, que ten unha proporción 7:5, buscando asà facilitar a multitarefa e a visualización de contidos tanto profesionais como de ocio.
No apartado técnico, integra procesador Qualcomm Snapdragon 8 Elite acompañador por un sistema de refrixeración con cámara de vapor e materiais de grafeno para mellorar a disipación do calor.
A baterÃa de 12.140 mAh permite ata 17 horas de reprodución de vÃdeo e máis de dous meses en espera. Ademais, a carga rápida SuperVOOC de 80 watts permite obter un 18 % de baterÃa en apenas 10 minutos.
En canto a software, o OnePlus Pad 3 chega con OxygenOS 15 e novas funcións baseadas en intelixencia artificial, como AI Writer e AI Summarize. Tamén se actualizou a función Open Canvas, con melloras no sistema de pantalla dividida e suxestións intelixentes para multitarefa.
A tableta inclúe tres anos de actualizacións de Android e seis anos de parches de seguridade bimensuais. Xunto a ela preséntanse tamén varios accesorios: o teclado Smart Keyboard, o lapis dixitalizador OnePlus Stylo 2 con 16.000 niveis de presión, e unha nova funda tripla que permite usar a tableta en diferentes posicións e protexe o lapis cun peche magnético.